Mapas actualizados de tódalas temáticas e lugares do mundo!
Comparte e emprega información doutros usuarios.

Preguntas frecuentes

¿Qué é ikiMap?

ikiMap é un servizo web para crear e compartir mapas dun modo rápido e sinxelo. ikiMap axúdache a organizar, clasificar e publicar os teus mapas e información xeorreferenciada na web.

¿Cómo podo rexistrarme en ikiMap?

Obter unha conta de usuario de ikiMap é moi sinxelo e de balde. O único que necesitas é acceder á páxina de rexistro e facilitar unha dirección de correo electrónico válido e un nome de usuario que non estea xa en uso.

Cómo se crea un mapa?

Dende a barra superior de ferramentas podes, en calquera momento, crear un novo mapa en ikiMap. Accederás a unha pantalla na que tes que cubrir uns datos básicos do mapa: o seu título, as etiquetas clave, que axudarán a clasificalo e, de forma opcional, unha descrición do propio mapa.

¿Qué formatos de arquivo soporta ikiMap?

Actualmente podes incorporar a ikiMap mapas que xa teñas creados simplemente importando os seus arquivos. Os formatos de arquivo que soporta ikiMap son: KML and KMZ GPX Shapefile

¿Qué limitacións teño para crear os meus mapas?

A creación dun mapa, cando se realiza subindo un arquivo a ikiMap, ten as seguintes limitacións: O tamaño máximo do arquivo é de 3 Mb Non pode conter máis de 700 elementos O número máximo de xeometrías para a suma de tódolos elementos é de 50.000 vértices No caso de que se suba un arquivo que exceda estas limitacións aparecerá unha mensaxe indicando os problemas atopados.

¿Qué é un ikiMapa?

Como definición rápida, un ikiMapa é un conxunto de varios mapas, de xeito que é posible visualizar superposta a información de todos eles.

¿Podo crear un ikiMapa cun único mapa?

Si, é posible ter un ikiMapa que conteña un único mapa, pero non é o máis útil. O verdadeiro potencial dos ikiMapas é que podes ver de forma simultánea a información superposta de varios mapas.

Si un usuario modifica a información dun mapa que eu teño engadido a un ikiMapa, ¿aféctame?

Cada vez que engades un mapa a un ikiMapa estás creando unha especie de vínculo entre o teu ikiMapa e cada un dos mapas que o compoñen. Si algún deses mapas é actualizado, esas modificacións reflíctense en tempo real no teu ikiMapa.

¿Para qué serven as canles?

Unha canle é un listado de mapas que comparten algunha característica.

¿Qué son mapas favoritos?

Os mapas favoritos son aqueles mapas, teus ou doutros usuarios, que por algún motivo gústanche ou resúltanche interesantes e lle engades un marcador para poder acceder nun futuro a eles de forma rápida.

¿Cómo engado un mapa ó meu listado de favoritos?

Na páxina de cada mapa tes un botón chamado “Engadir a favoritos” dende o cal podes facer que ese mapa se converta nun favorito.

¿Cómo podo controlar a privacidade dos meus mapas?

ikiMap conta con un sistema de xestión de permisos que che permite definir quén pode ver e/ou editar os teus mapas e ikiMapas. Cando creas un mapa ou, unha vez creado, dende a pantalla de edición, podes acceder a un sinxelo asistente que che permite definir o seu nivel de privacidade.

Quero crear un mapa no que tódolos usuarios poidan engadir información

O sistema de permisos permíteche decidir quén pode ver e quén pode editar un mapa. Se o que queres é crear un mapa no que tódolos usuarios poidan ir completando, simplemente tes que marcar no xestor de permisos a opción “Todos” na sección “¿Quén pode editar o mapa?”.

¿Podo inserir os mapas na miña web ou no meu blog?

Tódolos mapas teñen unha URL única, que che permite crear links nas túas páxinas ou blogs cara eses mapas. Pero ademais, é posible incorporar (embeber) directamente os mapas e ikiMapas na túa web, simplemente copiando o código “Embebido” que aparece na páxina de cada mapa.

¿Podo seguir a actividade dun usuario?

ikiMap conta con miles de usuarios, que publican continuamente novos mapas. Unha forma de non perder detalle do que fan os teus amigos ou outros usuarios que suban mapas de temáticas que a ti che gusten é facerte o seu seguidor.

Quero cambiar a frecuencia das notificacións que chegan ó meu correo, ¿cómo o fago?

As notificación son avisos que che chegan por correo electrónico cada vez que outros usuarios comezan a seguirte en ikiMap, realizan un comentario ós teus mapas e ikiMapas… É posible en calquera momento activar ou desactivar, de xeito individual, estas notificacións. Simplemente tes que ir ó teu perfil, darlle a “Editar”, e configurar cada unha destas notificacións ó teu gusto.

Son programador, ¿podo usar unha API de ikiMap?

ikiMap posúe unha API que che permitirá integrar moitas das súas funcionalidades nas túas propias aplicacións. Para isto necesitarás unha clave da API, que podes conseguir de xeito gratuíto, e que servirá para identifica a túa aplicación. A API ten unha páxina con toda a súa documentación, na que se explica cales son os métodos que podes empregar, os parámetros que tes que pasar a cada método e as respostas que estes devolven.

¿Cómo me poño en contacto co equipo de ikiMap?

Se tes algunha suxestión sobre cómo mellorar ikiMap, queres notificarnos algún erro ou, simplemente queres charlar con nós, podes facelo por varias vías. Dispomos de un formulario a través do cal podes enviarnos os teus comentarios. Pero tamén estamos presentes en Facebook e Twitter. Finalmente tamén podes enviarnos por mail tódalas túas suxestións á dirección info@ikimap.com