Mapas actualizados de tódalas temáticas e lugares do mundo!
Comparte e emprega información doutros usuarios.

Cómo se crea un mapa?

¿Cómo se crea un mapa?

Dende a barra superior de ferramentas podes, en calquera momento, crear un novo mapa en ikiMap.


Accederás a unha pantalla na que tes que cubrir uns datos básicos do mapa: o seu título, as etiquetas clave, que axudarán a clasificalo e, de forma opcional, unha descrición do propio mapa. Unha vez completados estes datos, temos dúas formas para finalizar o proceso:

  • Debuxar o mapa: abrirase un sinxelo, pero potente editor que permitirá que debuxemos puntos, rutas, polígonos, etiquetas… no noso mapa.
  • Importar desde arquivo: é posible que xa teñamos creado nun arquivo no noso ordenador, ou nunha URL, os puntos, polígonos… que queremos engadir ó noso mapa. Neste caso so temos que indicar a ruta do arquivo (o URL si está accesible de forma pública en internet), para realizar a importación e que non teñas que volver a pasar o traballo de debuxar todo o mapa